Un teclado mecánico integra Android para poder funcionar como un equipo autónomo
xoves, 5 de febreiro do 2015
Nos anos 80 era normal ver como os ordenadores domésticos
estaban integrados nun teclado, e conectábanse directamente a un televisor, e o
actual estado da tecnoloxÃa facilita que poidamos recuperar o concepto de
xeitos bastante innovadores, como co teclado
retroiluminado mecánico OneBoard PRO+, compatible con equipos informáticos ordinarios,
pero incluÃndo no seu ordenador un sistema Android 4.4 completo, de xeito que
podemos conectalo directamente a un monitor ou televisor, para funcionar de
xeito autónomo para navegar pola web, reproducir contidos multimedia, xogar e
moitos outros usos.
Este equipo está baseado nun procesador Rockchip RK3288 de catro núcleos a 1,8
GHz cunha gráfica Mali-T764, ten 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas SD de até 32 GB, saÃda HDMI, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0
e 2 portos USB 2.0 (un para poder conectarlle un rato informático para poder
manexar Android como se fose un ordenador).
O OneBoard PRO+ pode atoparse en tendas en liña como Banggood
e Aliexpress
a pouco máis de 260 euros con gastos de envÃo incluÃdos, podendo ser unha
solución interesante para quen queira converter unha pantalla ou televisor nun
dispositivo conectado á Rede e capaz de correr o inmenso catálogo de
aplicacións que hai para Android (e coa vantaxe adicional de poder aproveitar o
produto en equipos informáticos).
- O OneBoard PRO+ pode lembrarnos ao concepto dos ordenadores domésticos dos anos 80