Un teclado permite identificar ó usuario mediante a súa escritura

xoves, 20 de setembro do 2007 Marcus Fernández

En DealExtreme están a vender o teclado A1Pro que resulta sumamente curioso, xa que elimina o teclado numérico para incorporar un recadro no que se pode escribir cunha pluma para permitir o recoñecemento de sinaturas.
Esta solución podería empregarse para identificar usuarios, aínda que non parece que vaia ter moito éxito ante a baixada de prezo de sistemas biométricos coma os recoñecedores de pegadas dixital.
O A1Pro mide 41,19 x 16 x 1,29 cm, pesa uns 800 gramos, se conecta por USB e se vende a 25,48 dólares (18,15 euros).

PUBLICIDADE