Un teléfono móbil básico aposta pola luz para unha interacción silenciosa
venres, 15 de maio do 2015
Destacar en Kickstarter non resulta doado, pero algunhas
veces conséguese con produtos que resultan abraiantes máis polo seu concepto e
deseño que pola súa utilidade real, o que parece ser o caso de The Light Phone, un teléfono móbil que
busca
200.000 dólares para converterse en realidade en maio de 2016 e que
sorprenderÃa por ter o tamaño dunha tarxeta de crédito e optar pola luz como
xeito de informar da recepción de chamadas, en vez de contar con tons de
chamada.
Este curioso teléfono buscarÃa asà non distraer ao usuarios con molestos sons, funcionando
simplemente como teléfono básico coas vantaxes de ter unha autonomÃa en espera
de até 20 dÃas (o que o farÃa axeitado como móbil para emerxencias) e que
incluso poderÃa servir como o primeiro teléfono móbil dun cativo, aÃnda que ten
unha barreira que claramente afastará a case todos os usuarios: o seu prezo é
de 100 dólares (87,97 euros).
The Light Phone medirá 85,6 x 53,98 x 4 milÃmetros, pesará 38,5 gramos, e
incorporará un procesador MTK6250, unha pantalla de matriz de puntos, rañura
para unha tarxeta mini SIM, funcionarÃa en redes GSM, poderÃa almacenar até 10
números de marcación rápida e interactuarÃase con el a través dun teclado
numérico táctil e botóns de control de volume e acendido. Temos asà un orixinal
concepto, de utilidade moi discutible (principalmente por carecer de ton de
chamada), aÃnda que co detalle de estar orientada a ter o menor uso posible, o
que é xusto o contrario do que buscan o resto de dispositivos.
O teléfono distribúese cun cargador mini USB e unha tarxeta SIM con 500 minutos
(para EE.UU.) e como complemento os seus desenvolvedores están a preparar unha
aplicación para o noso smartphone principal que reenviarÃa ao The Light Phone
só as chamadas que consideremos importantes, de xeito que este novo dispositivo
serÃa como unha extensión do teléfono principal para os momentos de descanso.