Un trebello expulsa dispositivos espía das redes sen fíos ao seu redor

luns, 8 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Para os paranoicos da vixilancia electrónica están a preparar o lanzamento de Cyborg Unplug, un curioso que podemos conectalo a corrente e que analiza o tráfico das redes Wi-Fi próxima de xeito que pode disparar unha alarma se detecta que hai un dron, unha cámara de seguridade, un micrófono sen fíos ou unhas Google Glass transmitindo, e incluso permite expulsar a este tipo de trebellos das nosas redes sen fíos (e incluso de calquera rede sen fíos ao noso redor, nun modo de funcionamento do que advirten que podería ser ilegal).
Este trebello é obra de Julian Oliver, artista de Berlín, que xa desenvolvera unha aplicación que expulsaba ás Google Glass de redes Wi-Fi, e que decidiu transformar esta idea nun produto comercial que sairá á venda en dous modelos distintos que custarán entre 50 e 100 dólares, aceptándose reservas a partires do vindeiro día 30. Este proxecto está inspirado na campaña Stop The Cyborgs coa que numerosos locais norteamericanos (principalmente cafeterías e restaurantes) colocaron sinais prohibindo o uso de Google Glass para protexer a intimidade dos seus clientes.

PUBLICIDADE