Uncharted 4 adía o seu lanzamento por terceira vez

mércores, 2 de marzo do 2016 Marcus Fernández

Naughty Dog quere despedirse ben da súa saga Uncharted, e non quere entregar un xogo mal rematado, ou iso é o que podemos entender ante o seu último anuncio, que pode resultar extremadamente frustrante para os seareiros das aventuras de Nathan Drake, xa que Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón vén de adiar unha vez máis a súa data de lanzamento, quedando agora fixada no 10 de maio.
Os responsables deste título aseguran que pagará a pena a espera, pero resulta decepcionante ver como un dos principais xogos exclusivos para PlayStation 4 non só perdeu a oportunidade de que a consola de Sony tivese algún título exclusivo importante na pasada campaña de Nadal (como se tiña previsto inicialmente) senón que afectou ás planificacións de compra dos xogadores de PS4, por mudar a data de lanzamento para marzo, para abril e agora para maio.

Naughty Dog decidiu volver adiar o xogo para pulir detalles que permitan entregar un produto que estea á altura das expectativas dos seareiros da saga

PUBLICIDADE