Unha actualización para o Nokia Lumia 800 mellora a súa autonomía
mércores, 7 de marzo do 2012
As
primeiras versións do software de moitos dispositivos de electrónica de consumo
padecen de defectos que van solucionándose paulatinamente, o que no caso dos
teléfonos móbiles e tablets parece ser moito máis frecuente do que nos
gustaría, pero cando as correccións chegan, poden mudar extraordinariamente a
percepción que se ten dun dispositivo, como parece que vai pasar co Nokia Lumia
800, que vén de estrear unha actualización de software (versión 1600.2487.8107.12070)
que prometía melloras na autonomía do móbil, pero dificilmente podía preverse
que a mellora fose tan substancial, pois hai usuarios que informan de que tras a
actualización o terminal case triplica a súa autonomía.
Coa nova versión do firmware do Nokia Lumia 800 optimizaríase o uso do nivel de
brillo da pantalla, o que supón un consumo moi inferior, e tamén corrixe
elementos como o balance de brancos da súa cámara e mellora a resposta dos
baixos na reprodución de son. Parece que os minutos que leva a actualización
son un bo investimento para os propietarios do móbil de referencia de Windows
Phone 7.5.