Unha carcasa permite usar 2 SIM no iPhone 4

luns, 25 de abril do 2011 Marcus Fernández

Unha carcasa traseira para o iPhone 4 á venda en USBfever por 249,99 dólares (170,81 euros) permite achegar ao móbil de Apple unha protección adicional, 800 mAh de batería adicionais e a posibilidade de empregar dúas tarxetas SIM no mesmo móbil.
Anteriormente xa existían carcasas que permitían mudar de tarxeta SIM de xeito doado (de xeito que podiamos chamar a través da liña da nosa elección), pero desta volta é posible que os 2 números telefónicos estean activos simultaneamente, aínda que para iso é preciso facer jailbreak ao móbil (posto que é preciso instalar unha aplicación especial para gozar das novas funcionalidades).
Con esta carcasa hai que empregar unha tarxeta SIM como principal (que será a que empregue servizos avanzados como a conectividade de datos) de xeito que a tarxeta secundaria limitarase ao uso de chamadas de voz e mensaxes de texto.


Demostración do funcionamento da carcasa con batería e dobre SIM

PUBLICIDADE