Unha compañÃa da India prepara unhas zapatillas deportivas con vibración
xoves, 24 de xullo do 2014
A tecnoloxÃa para vestir non se limita a reloxos
conectados e lentes, senón que pode chegar moito máis adiante, como demostran
dende a compañÃa da India Ducere Technologies, que a partir de setembro
pretende pór á venda calzado deportivo con
conectividade Bluetooth, que terÃa un prezo superior aos 100 dólares, e que
poderÃa sincronizarse con Google Maps a través dunha aplicación móbil para
poder notificar ao seu usuario cando e onde ten que xirar (mediante vibracións)
para pode chegar ao seu destino, evitando asà ter que mirar a pantalla do móbil
mentres se fai exercicio.
Deste xeito, se lle indicamos ao noso móbil un destino ao que queremos ir a pé,
en cada intersección vibrará a zapatilla esquerda ou a dereita en función do
desvÃo que deberiamos tomar, o que pode resultar unha solución tecnolóxica bastante
prescindible (pois limitarÃase a ser un complemento máis para toda a serie de
trebellos deportivos que hai actualmente no mercado), pero que poderÃa ter usos
futuros moito máis interesantes, como poder guiar a persoas con eivas visuais
para moverse pola rúa evitando obstáculo (xa que non só vibrarÃa o seu bastón,
senón que tamén terÃan información sobre se ter que desprazarse a un lado ou a
outro para esquivalo).
VÃdeo de presentación da tecnoloxÃa de Lechal, nacida da compañÃa Ducere Technologies