Unha consola portátil permitirá recuperar os xogos de ZX Spectrum
martes, 16 de febreiro do 2016
Un dos
ordenadores cos que moitos españois deron os seus primeiros pasos no mundo da
informática a finais dos anos 80 foi o ZX Spectrum, convertido en todo un
obxecto de culto que quere agora volver convertido nunha atractiva consola
portátil chamada Sinclair ZX Spectrum Vega+, que está
a buscar financiamento a través de Indiegogo e que confÃan en que poida
chegar ás mans dos seus mecenas no mes de setembro.
Esta máquina está a ser desenvolvida por Retro Computers Ltd. en colaboración
con Sinclair Research Ltd. (empresa de Sir Clive Sinclair, o pai do Spectrum) e coa pertinente
licenza de Sky In-Home Service Ltd. (empresa que herdou de Amstrad os dereitos
de explotación dos ordenadores Spectrum). Para o deseño do produto contan con
Rick Dickinson (creador dos deseños industriais de todos os ordenadores ZX de
Sinclair) e ofrécese aos mecenas en carcasas de catro cores distintas a un
prezo de 100 libras esterlinas (129 euros) no que inclúen un milleiro de xogos
pre-cargados, deixando espazo dabondo na Vega+ para poder incorporar moitos
outros xogo que poder gozar na pantalla LCD da portátil ou tamén nun televisor
externo.
- Os xogos de ZX Spectrum poderán cargarse na Vega+ mediante tarxetas de memoria
A ZX Spectrum Vega+ promete ser compatible cos máis de 14.000 xogos desenvolvidos
para o ZX Spectrum orixinal (que poderán cargarse mediante tarxetas de memoria
en formatos populares como .TAP, .Z80 e .SZX), coa vantaxe de que a consola pode
empregarse en mobilidade e que non hai que agardar varios minutos para poder
xogar aos xogos que habÃa que cargar con cintas de casete no seu dÃa.
Estamos ante unha consola que promete ter unha boa aceptación entre un público
nostálxico, que non se conforma con correr un emulador no seu ordenador, senón
que busca un produto que tamén leve o espÃrito do ZX Spectrum no seu deseño.
- A Sinclair ZX Spectrum Vega+ permitirá gozar de xogos clásicos na súa pantalla LCD ou nunha pantalla externa
VÃdeo de presentación da campaña de financiamento da consola Vega+