Unha cuberta metálica para o iPhone 4 evita que rache o seu vidro traseiro
luns, 18 de outubro do 2010
As primeiras críticas relativas ao iPhone 4 ían dirixidas a problemas de cobertura por mor do deseño da súa antena, pero nos últimos tempos están a considerarse moito máis crítica a fraxilidade da súa parte traseira, que ao ser de vidro pode rachar ou simplemente gretarse cun resultado moi pouco estético, de aí que en varias páxinas web estean a recomendar a adquisición nunha web chinesa dun protector metálico para esta parte traseira, que por só 12,99 dólares (9,30 euros) serve de substituto do vidro traseiro á vez que mantén certa elegancia o terminal. Existen moitas outras solucións semellantes no mercado, pero esta destaca polo seu prezo reducido e doada instalación, á vez que non incrementa o tamaño do terminal coma fan as fundas externas.