Unha empresa británica comercializa televisores personalizados de até 370 polgadas

mércores, 11 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Parece que o tamaño dos televisores non para de medrar nos últimos tempos, e pasamos da popularización dos televisores de 32 polgadas a superar as 55 polgadas en moi poucos anos, e agora a británica Titan Technology quere ir máis aló, e presente o seu televisor Zeus, que pese a ter un prezo de 1 millón de libras (1,24 millóns de euros) conseguiu recibir xa 2 encargos, e que sorprende por contar cunha pantalla cunha diagonal de 370 polgadas, o que supón unhas dimensións de 8 x 5 metros, o que sería considerablemente máis grande que unha portería de fútbol, polo que enténdese que será para a súa colocación en locais públicos.
Estamos ante uns televisores que soportan imaxes en ultra alta definición e que no seu prezo inclúen o seu transporte e instalación (pois para poder movelos tiveron que adaptar un vehículo) e non só poden colocar as pantallas en interiores, senón que tamén poden adaptalas para exteriores (podendo dotar ás pantallas de resistencia á auga) ou incluso engadirlle sensores para que poidan controlarse mediante xestos.

Os televisores Titan Zeus poden adaptarse para o seu uso en exteriores

PUBLICIDADE