Unha empresa chinesa comercializa monitores USB de tinta electrónica
luns, 26 de xaneiro do 2015
A
compañía chinesa Dasung Tech está a
explorar o uso de tecnoloxía de tinta electrónica en monitores de 13,3 polgadas
cunha resolución de 1.600 x 1.200 píxeles chamados PaperLike, e que poden
conectarse a un ordenador de sobremesa ou portátil a través de USB para facer
as funcións de monitor secundario sen precisar de alimentación adicional e coas
vantaxes que ten a tecnoloxía E-Ink.
Aínda que a tecnoloxía de tinta electrónica ten unha velocidade de refresco moi
lenta, neste caso conseguiron un funcionamento máis que aceptable, o que fai
que estas pantallas poidan ser moi prácticas, por exemplo, para usos en
contornos de grande luminosidade (onde as pantallas tradicionais non se comportan
precisamente ben) e para, por exemplo, amosar información constantemente sen
comprometer a autonomía dun equipo portátil. Estes monitores venderanse
a un prezo de entre 3.999 e 5.999 iuans en China (568,98 e 853,54 euros
respectivamente).
Vídeo no que podemos ver as pantallas PaperLike en acción