Unha empresa ourensá comercializará o seu propio localizador GPS para vehÃculos
venres, 27 de setembro do 2013
Dende a Tecnópole de Ourense chegará ao mercado nun par de
semanas un interesante produto para mellorar a seguridade dos nosos vehÃculos
da man da empresa especializada en enxeñerÃa electrónica, automática e mantemento
industrial, Hicom & Tech, que é o primeiro produto comercial que achegan
coa súa marca, o localizador
Hicom Mov Tracker GPS.
Este dispositivo de localización GPS integra tamén tecnoloxÃa GSM e GPRS, de
xeito que tras instalarse no noso vehÃculo podemos coñecer en cada momento a
súa localización ou incluso programar o disparo de alertas en caso de, por
exemplo, traspasar un lÃmite establecido, comunicándose o trebello mediante
tecnoloxÃa móbil.
- Antonio Quintas, xerente de Hicom & Tech, amosando o primeiro produto comercial da súa empresa
Pero este tipo de solucións son moi frecuentes no mercado, e
dende Hicom quixeron innovar, polo que dotaron ao seu dispositivo da función Himove,
que xera alarmas en caso de impactos ou vibracións, de xeito que pode saberse
cando unha moto sufre unha caÃda durante o seu traxecto (avisando a algún
contacto predefinido), cando un coche recibe un golpe accidental, cando
intentar roubar o noso vehÃculo... o que conséguese grazas á integración dun
sensor de campo magnético para controlar a posición relativa dos eixes en todo
momento e un microcontrolador que xestiona os posibles sensores externos (pode
complementarse esta solución con sensores de proximidade, ultrasóns ou
infravermellos).
O localizador GPS desta empresa de San Cibrao das Viñas pode funcionar incluso
co vehÃculo apagado, posto que integra unha baterÃa recargable cunha autonomÃa
de 48 horas, é doado de instalar e configurar e chegará ao mercado a un prezo
de 99 euros no seu modelo básico, pois cómpre destacar que pode completarse
cunha serie de sensores segundo as nosas necesidades (por exemplo, poderÃa
dotárselle de seguridade adicional para, por exemplo, detectar un posible roubo
de combustible en maquinaria pesada).
Os interesados en saber máis desta solución tecnolóxica poden escoitar unha
entrevista a Antonio Quintas, xerente de Hicom & Tech, este sábado no programa Banda Ancha da
Radio Galega.