Unha funda achega unha batería externa e unha segunda SIM ao iPhone 4/4S

mércores, 9 de novembro do 2011 Marcus Fernández

TechCrunch tivo a ben dar a coñecer na súa web un interesante accesorio para o iPhone 4 e 4S, o Vooma Peel PG92, que están en fase de pre lanzamento, pero que dende a publicación norteamericana xa puideron probar, e consiste nunha funda para o móbil de Apple que integra unha batería externa (para ampliar a autonomía do móbil) e unha tarxeta SIM adicional (se temos feito jailbreak ao móbil para poder instalar unha aplicación de marcación telefónica de Vooma) para cumprir o soño de moitos usuarios de teren un iPhone dual SIM.
A aplicación de marcación telefónica de Vooma é un clon do marcador oficial para o iPhone, pero incorpora o soporte da tarxeta SIM externa, o que supón un valor engadido ao uso da funda que achega máis autonomía ao terminal. Polo momento non se coñece a data de lanzamento nin o prezo deste accesorio.

O Vooma Peel PG92 achega unha batería adicioal ao iPhone 4/4S, así como unha segunda tarxeta SIM

PUBLICIDADE