Unha funda de SanDisk amplía a capacidade de almacenamento do iPhone 6/6s

xoves, 23 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Para solucionar os problemas de espazo dos iPhone 6 e 6s, SanDisk pon á venda a súa iXpand Memory Case, unha funda que integra unha unidade de almacenamento externo para ampliar a capacidade do smartphone (en 32, 64 ou 128 GB), que serve de protección para o móbil e que tamén pode complementarse cunha batería externa (á venda por separado) polo que pode considerarse un accesorio ideal para o verán, xa que dota ao smartphone de Apple de máis capacidade e autonomía.
A funda protectora iXpand Memory conta cunha aplicación par que as fotografías e os vídeos tomados co teléfono gocen unha copia de seguridade automática na súa memoria, podendo empregarse a mesma aplicación para organizar o contido na memoria externa e así acceder e xestionar as fotografías, os vídeos e a música que almacenemos nesta unidade que véndese xa nos EE.UU. a un prezo de 59,99, 99,99 e 129,99 dólares para as súas versións con 32, 64 e 128 GB respectivamente (dispoñibles en catro cores distintas).

A funda de SanDisk está dispoñible en catro cores distintas

Vídeo promocional da iXpand Memory Case de SanDisk

PUBLICIDADE