Unha funda para iPad Air para os que aínda empregan papel

mércores, 26 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Para os usuarios de tablets que aínda non se desprenderon do hábito de empregar o papel para tomar anotacións dende Booq veñen tempo comercializando fundas axeitadas para o seu dispositivo móbil, como a que agora poñen a venda para o tablet de referencia de Apple. Así temos por 95 euros o Booqpad para iPad Air, funda de pel que protexe o iPad durante o seu transporte e tamén facilita a súa colocación sobre o escritorio para un uso cómodo, como outras fundas actuais, coas que destaca por contar con espazo para gardar tarxetas de visita, un bolígrafo e incluso unhas follas sobre as que poder tomar anotacións, de xeito que combinariamos un tablet e un caderno nun único elemento a levar enriba.
Esta funda cun tamaño exterior de 228 x 215 x 25 milímetros e un peso de 360 gramos está deseñada de xeito simétrico, o que permite que poida xirarse 180 graos para que poida resultar cómoda para manichos.


Vídeo de presentación do Booqpad para iPad Air

PUBLICIDADE