Unha funda para o móbil permite rexistrar as nosas constantes vitais

xoves, 6 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Azoi Inc. vén de abrir a reserva por 145 euros (prezo promocional) do seu novo produto, Wello, que é unha funda para smartphones que integra unha serie de sensores que permiten que sostendo o teléfono entre as mans uns poucos segundos poidamos coñecer a nosa tensión arterial, as nosas pulsacións, o nivel de oxíxeno en sangue, a temperatura e a función pulmonar, o que, combinado cunha aplicación móbil, pode resultar de grande utilidade, xa que, aparte do control puntual, tamén pode manterse un histórico coas nosas constantes, o que pode resultar de grande utilidade para tomar decisións sobre os nosos hábitos de vida.
Aínda que este accesorio está pensado para o iPhone 5/5S, é compatible con móbiles Android 4.4 ou superior que teñan Bluetooth 4.0 LE (para o que é de agardar que comercialicen distintas funda que adapten os sensores desta interesante solución de e-Health).

Wello pode ler as nosas constantes vitais con só manter o móbil entre as mans uns segundos
A aplicación móbil de Wello pode rexistrar os datos de varios usuarios


Vídeo de presentación de Wello

PUBLICIDADE