Unha mochila facilita a carga dos nosos trebellos durante as viaxes
luns, 22 de decembro do 2014
Para
facilitar o transporte dos nosos trebellos electrónicos TYLT presenta unha nova
mochila realmente práctica, a ENERGI+
BACKPACK, que non só conta con 13 petos para gardar dende ordenadores
portátiles ou tabletas até pequenos accesorios, e co típico orificio para poder
conectar uns auriculares ao nosos reprodutor multimedia ou smartphone para
escoitar música durante os desprazamentos, senón que destaca principalmente por
venderse cunha batería recargable extraíble de 10.400 mAh capaz de cargar até 3
dispositivo á vez (2 a 1 Ampere e 1 a 2,1 Amperes). Deste xeito, podemos
regargar, por exemplo, unha tableta e dous teléfonos mentres imos de viaxe.
Outros detalles destacable é que esta resistente mochila inclúe un espazo nas
súas costas para poder pasar as barras da asa dun trolley, convertendo a este accesorio nun complemento cómodo de
empregar nas viaxes na que carguemos con máis equipaxe. Parece que a única eiva
deste produto sería o seu prezo
de 169,99 dólares (138,61 euros), que pode parecer bastante elevado para
unha mochila.
- A batería integrada na mochila facilita a carga de dispositivos electrónicos mediante USB
- A mochila permite transportar o noso ordenador portátil
- A mochila pode combinarse de xeito doado cun trolley
Vídeo promocional da mochila ENERGI+ de TYLT