Unha obra de mantemento de estradas corta a rede de fibra óptica de R que dá servizo a Ferrolterra

venres, 22 de abril do 2016 Marcus Fernández

Hoxe a media mañá R deu conta de que unha obra provocou o corte da súa infraestrutura de fibra óptica, deixando sen servizo aos seus clientes de Fene, Perlío, Pontedeu, Ares e Mugardos, que finalmente confirmouse que se trataba dun grande corte en Ferroterra no que estaban afectados 800 metros de fibra, de xeito que non puido comezar a restablecerse o servizo até despois das 18:00 horas. Mentres uns clientes quedaron sen todos os servizos durante o corte, no caso de Ferrol e Narón o servizo afectado sería unicamente o de televisión.
No momento de escribir estas liñas dende R recoñecen estar a centrar os seus esforzos en solucionar a incidencia técnica, pero tamén recoñecen que superadas as 6 horas de corte están obrigados por lei a compensar aos clientes co custo proporcional do servizo concreto afectado. Tamén insisten en que a culpa desta incidencia é totalmente allea á compañía, xa que foron as obras de mantemento nunha estrada as que provocaron o corte da súa rede de fibra óptica.
ACTUALIZACIÓN: O servizo parece estar totalmente recuperado antes das oito da tarde.

PUBLICIDADE