Unha tarxeta SD dotará de Wi-Fi ao BeBook

venres, 6 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Hai cousa dun ano vimos coma se anunciaba o dispositivo de lectura de libros electrónicos BeBook, que permitía a lectura de documentos PDF, Word, TXT e HTML na súa pantalla de 6 polgadas e contaba cunha autonomía de 7.000 páxinas cunha única carga, ou sexa, que apenas tiña diferenzas con outros trebellos semellantes, pero esta semana no CeBIT a xente de Endless Ideas amosou novas cartas, presentando un BeBook 2 con conectividade sen fíos pero sen esquecer aos seus clientes actuais, polo que en breve venderán unha tarxeta SD que dotará de Wi-Fi ao primeiro BeBook, permitindo así a compra de libros en tendas en liña, a recepción de fluxos RSS e outras posibilidades que abre a conexións á Rede. Este engadido terá un prezo aproximado de 40 euros.
Con ese anuncio o fabricante alonga a vida do BeBook, que pode adquirirse por 329,95 euros, pois non será ata finais de ano cando saia o seu sucesor (que incluirá tanto Wi-Fi coma conectividade 3G).


Vídeo de Engadget no que se ve cómo funciona o BeBook

PUBLICIDADE