Uns audiófonos tirarán proveito do iPhone para mellorar a audición

mércores, 26 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Morten Hansen presentou onte en New York estes novos audiófonos que hoxe puideron verse en Barcelona

Hoxe presentáronse dentro do Mobile World Congress uns novos audiófonos da compañía danesa GN Resound, os ReSound LiNX, que destacan por estar deseñados para traballar especificamente cun dispositivos móbil de Apple, de xeito que non serven só para escoitar o que se ten ao redor, senón que tamén operan como auriculares estéreo para a reprodución multimedia ou para o establecemento de chamadas de voz e vídeo.
Este produto emprégase en combinación coa aplicación ReSound Smart, dispoñible en breve na App Store, que permite facer os axustes axeitados para poder escoitar con claridade durante un concerto, mentres camiñamos polos rúa ou mentres estamos nunha cea nun restaurante. A aplicación tamén pode facer uso da función Live Listen, que aproveita o micrófono do iPhone para, por exemplo, escoitar mellor a outra persoa á que podemos achegar o terminal.
Aproveitando que estes audiófonos empregan Bluetooth 4.0 LE para comunicarse cos dispositivos con iOS, tamén pode aproveitarse para interactuar con outras fontes de son, como un televisor que goce de conectividade sen fíos, evitando ter que subir moito o volume para escoitar axeitadamente.

Os audiófonos teñen un tamaño tan reducido que case parecen invisibles durante o seu uso
O iPhone pode axudar a recoller son ambiental para transmitilo aos audiófonos


Vídeo de presentación dos audiófonos ReSound LiNX

PUBLICIDADE