VANQUISH chega a PC con interesantes melloras
venres, 26 de maio do 2017
O xogo VANQUISH de
PlatinumGames por fin recibe o tratamento que moitos esperaban, ao estrearse en Steam,
de xeito que xa podemos mercalo para PC, o que permite gozar deste frenético
tÃtulo de acción en terceira persoa sen as limitacións de resolución e
fotogramas por segundo das súas versións orixinais para Xbox 360 e PlayStation
3.
A nova versión deste xogo de Shinji Mikami ten desbloqueados elementos como a
resolución máxima e a velocidade de fotogramas, de xeito que canto máis potente
sexa o noso ordenador poderemos gozar deste tÃtulo cun maior nivel de detalle,
polo que os posuidores dun potente ordenador para gaming poderán gozalo en 4K a máis de 60 cadros por segundo,
mentres que os usuarios con ordenadores máis modestos poderán na meirande parte
dos casos gozar dunha experiencia considerablemente superior á das consolas de
videoxogos.
VANQUISH ofrece un combate rápido,
fluÃdo e frenético (destacando o seu sistema de propulsión para moverse entre puntos
de cobertura), no que tamén contaremos con combate corpo a corpo cinético, un
amplo arsenal e grande variedade de inimigos repartidos en escenarios
espectaculares, de xeito que os que non gozaran deste xogo en consola teñen
agora unha magnÃfica oportunidade á que contribúe que o seu prezo de venda sexa
de só 19,99 euros.
DigitalFoundry fixo unha comparación do xogo entre as versións de PS3 e PC, analizando tamén o seu rendemento con distintas configuracións