VANQUISH pode xogarse en Xbox One grazas á retrocompatibilidade
martes, 20 de febreiro do 2018
Até
hai pouco o xogo de Platinum Games VANQUISH
estaba afastado das máquinas actuais, xa que lanzárase orixinalmente
para Xbox 360 e PlayStation 3, de xeito que as consolas actuais non podÃan
gozar deste atractivo e trepidante xogo de Shinji Mikami, pero o ano pasado saÃu
ao rescate Steam, tenda de xogos para PC que ofreceu
unha versión para ordenadores persoais con interesantes melloras, como
contar cunha velocidade de fotogramas desbloqueada e gráficos 4K.
Pero a partires de hoxe vai haber moitos máis equipos capaces de xogar a VANQUISH, xa que o xogo vén de
incorporarse á listaxe de
xogos retrocompatibles, ou sexa, que xa é compatible con Xbox One, o que
permite que quen o mercase en Xbox 360 poida xogalo na súa nova consola, pero
tamén atraerá a novos compradores, que poden
facerse con este magnÃfico tÃtulo a un prezo de 19,99 euros (e que
previsiblemente poderá conseguirse de oferta nos vindeiros meses). Unha
magnÃfica nova para moitos xogadores de Xbox.
Lara Croft en perspectiva isométrica
VANQUISH non é o único retrocompatible de nova incorporación, senón que tamén vén de integrarse á familia o videoxogo de Brave (que será un dos Xogos con Gold do mes que vén) e o interesante Lara Croft and the Guardian of Light, o primeiro xogo de aventura multi-xogador de Lara Croft, que presenta uns bos gráficos en perspectiva isométrica, no que supón unha aproximación diferente ao universo de Tomb Raider.