VIA Technologies anuncia un ordenador silencioso e compacto
xoves, 31 de maio do 2012
Para quen desexe un ordenador de tamaño compacto e que non
faga ruÃdo, por exemplo, para utilizar como reprodutor multimedia no salón,
pode optar por facerse coa nova solución de VIA Technologies, o equipo
ultracompacto e sen ventiladores VIA ARTiGO A1200, que nunha pequena carcasa
de 24,3 x 12,4 x 3 centÃmetros agocha un procesador VIA Eden X2 de dobre núcleo
a 1 GHz, ata 4 Gb de RAM, procesador VIA VX900 (para a multimedia, sendo capaz
de correr os formatos de vÃdeo en alta definición máis habituais), saÃdas HDMI
e VGA, 2 portos Gigabit Ethernet, 4 portos USB 2.0, o conector CFast, 2 tomas
de audio e un porto USB 3.0 (opcional).
Pese a non contar con ventiladores para poder operar en silencio, o VIA A1200 é
capaz de funcionar de xeito estable a temperaturas de entre 0 e 45 graos centÃgrados,
e incluso pode colocarse de xeito doado detrás dun monitor a través dun
adaptador VESA de 10 x 10 centÃmetros.
O VIA ARTiGO A1200 pode equiparse cun disco duro de 2,5 polgadas ou cunha
unidade SSD (moito máis axeitada para un funcionamento silencioso) e tamén pode
adquirirse con conectividade Wi-Fi. O equipo pode funcionar tanto con Windows 7
como con Linux, estará dispoñible a partires do 20 de xullo, e o seu prezo
parte dos 319,99 dólares (258,73 euros).
- O seu formato permite conectar de xeito doado o VIA A1200 á parte traseira dun monitor, o que o farÃa invisible nun escritorio