VIA anima ós usuarios a montar o seu propio ordenador ultracompacto

martes, 11 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios que queiran un ordenador de pequenas dimensións e gusten de facer as cousas por si mesmos poderán facerse co novo produto de VIA, o ARTIGO Pico-ITX, que é un kit que inclúe os compoñentes para montar o noso equipo ultracompacto, sen incorporar a memoria e o disco duro, e que se venderá por uns 300 dólares.
O Pico-ITX inclúe unha placa base cun procesador VIA C7 a 1 GHz, soporta ata 1 Gb de RAM (DDR2 533 SODIMM), conta con conectores IDE e eSATA, saída de VGA, 4 portos USB 2.0, conector Ethernet (10/100 Mbps), entrada de micrófono e saída de liña.
A caixa na que se integran todos estes compoñentes mide 15 x 11 x 4,5 cm e pesa 520 gramos. O equipo é compatible cos sistemas operativo Windows 2000 e XP, WinCE e Linux.
Podemos ver a doada montaxe do equipo no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE