Varios produtos de Xiaomi obecederán ao Asistente de Google
venres, 11 de maio do 2018
Durante
o Google I/O adiantouse que este ano teremos en España os altofalantes
conectados Google Home e Google Home mini, ou sexa, que o Asistente de Google
comezará a operar en español en trebellos conectados, pero a cousa non remata
aÃ, senón que Google tamén está a colaborar con outros fabricantes para a
integración dos seus produtos co seu servizo de asistente. Nesta liña temos que
Xiaomi vén de confirmar que distribuirá en breve nos EE.UU. (e presumiblemente
tamén en España cando o servizo estea dispoñible) unha
serie de produtos compatibles co Asistente de Google: a Mi Bedside Lamp
(unha lámpada para o dormitorio con cores axustables que pode controlarse mediante
un panel táctil e agora tamén por voz grazas ao Asistente de Google), a MI LED
Smart Bulb (unha lámpada conectada que cambia de cor, que agora poderase controlar
coa voz) e o Mi Smart Plug (un adaptador para acender ou apagar dispositivos non conectados, que normalmente
contrólase a través dunha aplicación móbil).
Temos asà que cada vez será máis asumible a incorporación ao ámbito doméstico
de dispositivos que podamos controlar en rede, podendo atender o seu
funcionamento a certas programacións, pero tamén obedecer á nosa voz, sen
complicadas configuracións e coas facilidades que achegan os asistentes
actuais.