Vengadores: Endgame chega a Fortnite

xoves, 25 de abril do 2019 Marcus Fernández

Hoxe chega aos cines o filme Vengadores: Endgame e dende Epic Games repiten a xogada que fixeron coa anterior entrega cinematográfica do grupo superheroico da Marvel e realizan unha simbiose dentro do seu xogo Fortnite, que hoxe recibirá a Thanos e aos seus chitauri, que invaden o Battle Royale na procura das Xemas do Infinito. Nesta ocasión, en vez de poder coller o Guantelete do Infinito e encarnar a Thanos durante un breve tempo, os xogadores terán que atopar os obxectos dos Vingadores espallados polo mapa e enfrontarse a Thanos e os seus secuaces.
Durante o modo de tempo limitado Endgame de Fortnite poderanse completar desafíos para conseguir recompensas de balde como grafitis, estandartes e o ala delta Quinjet dos Vingadores. Na tenda tamén estarán dispoñibles dous conxuntos de Marvel: o traxe de Black Widow (así como a súa mochila, o seu pico de picadura e un xesto de pirueta) e un traxe que chegará a semana que vén.

Na tenda de Fortnite podemos adquirir o traxe de Black Widow
Estes días poderemos conseguir un ala delta coa aparencia do Quinjet dos Vingadores

Tráiler da chegada de Endgame a Fortnite

PUBLICIDADE