Verbatim presenta unha memoria USB con ferramenta de software, todo en un

venres, 19 de outubro do 2007 Raquel Noya

A empresa desenvolvedora de tecnoloxías de almacenamento, Verbatim, vén de lanzar unha nova gama de memorias USB ó mercado, as cales, ademais de ter unha función de almacenamento, caracterízanse por incorporar a versión completa do software Carry it Easy + Puls de CoSoSys.
Este software ofrece contrasinal de protección, sincronización con Microsoft Outlook, emprego de Internet sen deixar rastro e unha función de compresión de datos adicional.
A USB Store´n´Go 2.0 Carry it Easy+Plus de Verbatim é negra e ten unha velocidade de lectura de ata 18MB por segundo e unha velocidade de escritura de ata 9MB por segundo.
O software non precisa ser instalado no PC do usuario e pode ser empregado directamente dende o dispositivo portátil sen deixar ningún rastro no ordenador unha vez desconectado do mesmo.
Esta chave USB está disponible cunha capacidade de 2, 4 ou 8 XB e o seu PVP no mercado vai dende os 25,90 ata os 75,90 euros.

PUBLICIDADE