Vexia anuncia un tablet con Android e procesador Intel Atom
mércores, 6 de febreiro do 2013
Vexia,
fabricante que moitos recoñecerán polos seus navegadores GPS, presentou estes días o seu TabletPlus 10,
un dispositivo con Android 4.0 con pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 800 píxeles, un peso de 500 gramos (un 20% menos que outros tablets
semellantes), que sorprende por un par de factores: funcionar cun procesador
Intel Atom a 1,6 GHz (en vez de optar por un procesador ARM) e incluír unha
interface gráfica baseada en cremalleiras (de aí que lle chamen Zippers).
Este curioso tablet ten 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, procesador
gráfico SGX540 de alto rendemento e batería de 5.400 mAh que promete unha
autonomía de ata 8 horas. Chegará
ao mercado o mes que vén a un prezo de 299 euros, momento no que agardemos
que o poñan a proba para contrastar se resulta atinado apostar por procesadores
de Intel neste tipo de dispositivos con Android.