Videocámara deportiva que grava a Full HD

luns, 2 de agosto do 2010 Marcus Fernández

De cara ao verán e aos deportes de aventura Oregon Scientific pon no mercado unha videocámara deportiva considerada como a primeira deste tipo en sumar resolución Full HD, sensor G e GPS.
A ATC9K HD está especialmente deseñada para entusiastas dos deportes extremos e profesionais, grava vídeo a 720p a 30 ou 60 fotogramas por segundo e a 1080p a 30 imaxes por segundo con estabilización de imaxe, toma fotografías de 3 ou 5 Mpíxeles, mide a aceleración dun sensor G, conta cun punteiro láser para indicar a dirección, ten un ángulo de gravación de 130 graos, a súa batería (recargable por USB) é capaz de gravar coma mínimo durante hora e media cunha carga completa, inclúe varios tipos de ancoraxes, pode somerxerse ata a 20 metros de profundidade, conta cunha pantalla TFT de 1,5 polgadas e mide 100 x 44 x 55 milímetros.
O soporte de gravación desta cámara deportiva son tarxetas microSD de ata 32 Gb e tampouco fáltalle saída HDMI para poder ver os vídeos capturados nun televisor de alta definición. Está á venda por 279,90 euros e en setembro será posible adquirila cun módulo opcional para dotala con GPS para etiquetar a localización onde realizamos as gravacións.

A cámara inclúe ancoraxes que facilitan distintas colocacións durante a gravación de deportes de risco

PUBLICIDADE