ViewSonic V350: un móbil con Android e dobre SIM

venres, 27 de maio do 2011 Marcus Fernández

A compañía californiana ViewSonic actualiza o seu móbil V350 (presentado en febreiro no Mobile World Congress de Barcelona) cun reestilizado da súa carcasa (gañando elegancia grazas a un acabado cromado), pero conservando a súa característica máis destacable: permite empregar simultaneamente dúas tarxetas SIM nas bandas UMTS e GSM.
O ViewSonic V350 opera con Android 2.2, un procesador Qualcomm MSM7227 a 600 MHz, 512 de RAM e ROM, pantalla táctil de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, cámara de 5 Mpíxeles, Wi-Fi, Bluetooth 2.1, toma para auriculares estándar, GPS, lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb, batería de 1.400 mAh, portos micro USB e mini USB, unhas medidas de 60,9 x 114 x 12,56 milímetros, un peso de 125 gramos e un prezo libre duns 245 euros.

PUBLICIDADE