Virtua Tennis 4 sairá a finais de abril
venres, 25 de febreiro do 2011
- Carátula española do xogo para PS3
SEGA
vén de anunciar que o
vindeiro 29 de abril chegará ás tendas europeas o videoxogo Virtua Tennis 4 nas súas versións
para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii. Este novo xogo deportivo permitirá encarnar
a grandes estrelas do tenis coma Rafa Nadal, Roger Federer, Andy Murray, Juan
MartÃn del Porto e Caroline Wozniacki, transmitindo a emoción e a tensión
propia dos encontros desta dura práctica deportiva.
Entre as distintas versións desta nova entrega dunha das franquÃas deportivas
máis respectadas destaca especialmente a de PlayStation 3, pois permitirá o seu uso
co sistema de control PlayStation Move e tamén será compatible coa
tecnoloxÃa 3D de Sony, no que promete ser o Virtua
Tennis máis completo e coidado da historia da saga.
- Virtua Tennis 4 contará coas principais estrelas do tenis mundial