Vivo chega a España
mércores, 21 de outubro do 2020
O
fabricante chinés Vivo desembarca oficialmente en Francia, Alemaña, Italia,
Polonia, Reino Unido e España, e aÃnda que achega smartphones económicos como o
Y70, o Y20s e o Y11s, trae como bandeira o novo Vivo X51 5G, que vén a ser
basicamente a versión europea do Vivo
X50 Pro, móbil que destaca principalmente pola súa cámara de 48 MpÃxeles estabilizada
por unha estrutura de gimbal, de xeito que pode ser unha boa opción para
os usuarios que gusten da gravación de vÃdeos de acción.
O Vivo X51 5G é un smartphone delgado (8,04 milÃmetros de grosor) e lixeiro
(181,5 gramos) para unha pantalla AMOLED de 6,56 polgadas cunha velocidade de refresco
de 90 Hz que alberga unha cámara frontal de 32 MpÃxeles nunha perforación e un
lector de impresións dixitais baixo o panel.
O punto forte do móbil é a cámara traseira cun sensor principal estabilizado (mediante
5 eixes) de 48 MpÃxeles con apertura f/1.6, acompañado por un obxectivo para retratos
de 13 MpÃxeles, un super grande angular/macro de 8 MpÃxeles e un teleobxectivo
con zoom óptico de 5x de 8 MpÃxeles con estabilización óptica (e un hyper zoom
de 60x). Temos asà unha cámara moi versátil, que pode adaptarse a numerosos
escenarios e coida especialmente a fotografÃa nocturna, contando incluso con
modo para gravar as estrelas.
A versión que temos en Europa chega cun procesador Qualcomm Snapdragon 765G, 8
GB de RAM, 256 GB de almacenamento interno e baterÃa de 4.315 mAh con carga
rápida de 33 watts, o que parecerÃa bastante razoable para os menos de 600
euros que custarÃa en China, pero que ao chegar oficialmente a Europa convértense
en 799 euros, cantidade bastante elevada para un smartphone que non integra un
procesador tope de gama (en contraste co Vivo X50 Pro+, que si incorpora un procesador Qualcomm Snapdragon 865).