Vivo presenta un novo smartphone con dúas pantallas
martes, 11 de decembro do 2018
A tola idea de conseguir maximizar
o espazo ocupado pola pantalla dun smartphone prescindindo da súa cámara
frontal por instalar unha pantalla secundaria na parte traseira finalmente
confirmouse como unha realidade, e Vivo presentou
en China o seu novo móbil insignia, o NEX Dual Display Edition, que integra
cámara tripla na parte traseira do smartphone, mentres que a parte frontal está
ocupada por unha pantalla Super AMOLED de 6,39 polgadas Ultra FullView que
abarca o 91,63% do espazo, librándose da pestana superior que teñen móbiles
como o iPhone Xs, e ofrecendo unha grande experiencia de visión.
Na parte traseira a pantalla Super AMOLED limÃtase ás 5,49 polgadas, deixando
espazo ás cámaras traseiras colocadas dentro dun anel luar, que serve para
advertir de notificacións mediante luz e tamén pode escintilar coa música. A
pantalla táctil traseira tamén poderÃa aproveitarse en momentos puntuais para,
por exemplo, simular un par de botóns/touchpad traseiros para certos xogos.
A cámara principal serÃa unha Dual-Pixel de 12 MpÃxeles (cun sensor Sony IMX363
cun estabilizador óptico de imaxe de 4 eixes), acompañada por unha cámara especializada
en vÃdeo nocturno e por unha cámara 3D (que mellora tamén o recoñecemento
facial).
O Vivo NEX Dual Display Edition funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 845
de 8 núcleos, inclúe 10 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno, e a súa
baterÃa de 3.500 mAh pode cargarse por USB-C. Sae á venda en China o
vindeiro 29 de decembro a un prezo de 4.998 iuans (639 euros), descoñecéndose
polo momento se unha solución tan esaxerada para evitar o notch na pantalla frontal terá aceptación por parte do público.