Vodafone Smart II, un terminal económico con Android 2.3
luns, 18 de xuño do 2012
Os smartphones que se venden baixo a marca
de Vodafone renóvanse, e agora temos dispoñible en España o novo Vodafone Smart
II, terminal cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas, procesador a 800 MHz, 2
Gb de almacenamento na súa tarxeta SD, cámara de 3,2 MpÃxeles con flash LED,
GPS, Bluetooth, Wi-Fi e sistema operativo Android 2.3 que inclúe 4 carcasas
intercambiables coas que é posible personalizar o móbil dándolle ata 16
aparencias diferentes.
O Vodafone Smart II inclúe entre o seu software precargado as principais
aplicacións de Google, as aplicacións das redes sociais máis populares, teclado
SWYPE e aplicacións de Vodafone: VF Music (tenda con 5 millóns de cancións que
ofrece as 10 primeiras descargas de balde), VF Tv (que facilita o acceso a
distintas canles televisivas dende o móbil), VF Discover (para coñecer en tempo
real información de consumo, promocións, contidos...) e Mi VF (para xestionar
os servizos de Vodafone dende o móbil).
Os usuarios de Vodafone con tarxeta poden facerse con este móbil por 79 euros,
mentres que os que veñan doutras compañÃa poden adquirilo por 99 euros,
existindo tamén a opción de facerse co
mesmo de sermos clientes de contrato (saÃndo de balde de migrar de tarxeta
a contrato).
Este terminal desenvolvido por Alcatel é unha interesante opción para quen
desexe facerse cun smartphone e non
desexe facer un alto investimento.
VÃdeo promocional do Vodafone Smart II