Vodafone Station permite compartir entre varios equipos conexións ADSL e 3G
martes, 3 de xuño do 2008
Vodafone estrou no mercado
italiano o curioso router Vodafone
Station, fabricado por Huawei, que permite compartir por Ethernet e
Wi-Fi a conexión á Rede achegada mediante ADSL2+ ou banda larga móbil.
O Vodafone Station inclúe 4 portos Ethernet, toma para a liña DSL, saÃdas para
conectar un par de terminais telefónicos e destaca por contar un espazo
reservado para un modem 3G USB, que permite dotar ao dispositivo de
conectividade móbil, de xeito que os usuarios que queiran conectarse dende
varios ordenadores poderán empregar este router tanto no seu domicilio habitual
coma noutras localizacións nas que non conten con liña fixa (de xeito que poden
seguir conectando os ordenadores á Rede cando marchan de viaxe, sen ter que
empregar un modem 3G en cada equipo, co conseguinte aforro en conexións).
- Imaxe da parte traseira do router
A
principal vantaxe deste produto é o seu doado uso, xa que
practicamente funciona con só conectalo. AÃnda non se sabe se este produto
chegará ao mercado español, pero é de agardar que se comercialice en toda
Europa da man de Vodafone.
Imaxes de Vodafone Station na súa presentación en Italia