Vodafone comercializa móbiles da Disney
luns, 18 de decembro do 2006
Vodafone
e a Disney presentaron en España o teléfono móbil Mini Disney D100, que combina
unha estética infantil baseada en personaxes da popular compañÃa audiovisual
con prestación de control destinadas ós pais, respondendo asà ó feito de que a
metade dos nenos españois de entre 8 e 13 anos teñan móbil.
O novo terminal é pequeno e robusto e destacan por non ter prestacións xa
habituais como a cámara, a navegación pola Rede ou a conectividade Bluetooth,
co que se pretende afastar ós cativos de contidos que os seus pais non
consideren axeitados.
Os
teléfonos Disney de Vodafone véndense con carcasas de Mickey Mouse, Piratas
del Caribe, Minni Mouse e W.I.T.C.H., incluÃndo tamén teclados intercambiables
de 4 e 12 teclas para que cada pai decida o que é máis axeitado para o seu
fillo.
Os
pais tamén poden configurar o terminal mediante un código PIN para
restrinxir o horario de uso do móbil (e a duración das chamadas), as persoas
coas que se pode establecer chamadas ou as mensaxes SMS (que se poden eliminar
o permitir só uns textos preconfigurados).
O prezo dos novos móbiles será de 89 euros en modo prepago e 0 euros para os
clientes de contrato (para altas novas).