Vodafone contará con LaLiga SmartBank no seu servizo de televisión

luns, 8 de agosto do 2022 Marcus Fernández

A guerra do fútbol televisado non para de dar sorpresas, e hoxe Vodafone España, compañía que se desmarcara completamente deste tipo de retransmisións televisivas ante o seu elevado custo que claramente non compensaba economicamente, anuncia que dende o vindeiro día 12 incluirá no Pack Deportes de Vodafone TV todos os partidos da tempada 2022-23 de LaLiga SmartBank.
Deste xeito, as canles 330, 331 e 332 do decodificador de Vodafone TV permitirá acceder a encontros de equipos como o Deportivo Alavés, o Granada CF, a Unión Deportiva Las Palmas ou o Real Zaragoza sen custo adicional para os que teñan contratado o Pack Deportes, que por 5 euros/mes ofrecía contidos de ciclismo, motor, tenis, skate, surf e outros deportes, limitando os contidos futbolísticos a información da actualidade, o que agora mudan coa incorporación de directos.

PUBLICIDADE