Vodafone entra no mercado do ADSL
xoves, 25 de setembro do 2008
- O modem Huawei E172 que serve para conectarse á Rede a través de 3G
O vindeiro 8 de
outubro Vodafone
lanzará unha nova oferta de ADSL que polo momento se limita aos clientes
que teñan acceso á cobertura ADSL de Tele2 (operadora que adquiriu Vodafone hai
uns meses) e integra chamadas a fixos, banda larga doméstica e banda larga
móbil.
Esta oferta inclúe de balde (cun compromiso de permanencia de 18 meses) un
módem USB Huawei E172 que permite o acceso á Internet mediante conectividade
móbil HSDPA, que servirÃa para acceder á Rede mentres a liña ADSL non estea
operativo, e que posteriormente se poderá empregar para acceder á Rede dende
case calquera lugar (a un prezo de 2,9 euros/dÃa).
O paquete básico será o Vodafone ADSL UNO, que custará 29,90 euros na súa
modalidade de 6 Mbps/300 Kbps ou 34,90 euros por 12 Mbps/500 Kbps, custando as
chamadas a fixos 1 céntimo/minuto, mentres que o paquete Vodafone ADSL inclúe
chamadas de balde a fixos e custa 34,90 euros pola conexión de 6 Mbps e 39,90
euros por 12 Mbps.
Con esta nova oferta o usuario pode librarse de pagar a cota mensual de
Telefónica porque se emprega a rede propia de Tele2/Vodafone e as tarifas de
voz se aplicarán tamén a unha liña móbil asociada que non terá que pagar o
consumo mÃnimo de 9 euros habitual.