Vodafone trae a España o modem 3G Toshiba G450
luns, 11 de agosto do 2008
- O Toshiba G450 é un módem 3G que tamén funciona coma reprodutor de MP3 e móbil
Hai meses falamos do
curioso modem 3G USB Toshiba G450, que é un dispositivo que combina
tamén reprodutor de MP3 e un teléfono móbil básico que permite establecer
comunicacións HSDPA a velocidades de ata 3,6 Mbps (soportando tamén conexións
UMTS, EDGE e GPRS).
O Toshiba G450 se pode empregar para enviar SMS e facer chamadas, aínda que non
parece un dispositivo moi cómodo para tales usos (que parecen dirixidos a usos de emerxencia), a reprodución multimedia
está limitada pola súa pouca memoria interna (160 Mb) e as súas funcións coma
modem 3G son a súa razón de ser, e para tal fin xa o comercializa en España
Vodafone, asociado a plans de datos cun compromiso de permanencia de 18 meses a
prezos de 59 ou 39 euros segundo a tarifa contratada.