Vodafone venderá o Xperia X10 en Reino Unido a partires de abril
xoves, 4 de febreiro do 2010
A nova xeración de móbiles co sistema operativo
Android 2.1 está a piques de desembarcar en Europa, e aÃnda que non coñecemos
as datas de chegada de terminais coma o Nexus One promovido por Google, outro
móbil moi semellante e que incluso poderiamos considerar máis apetecible, o Sony
Ericsson Xperia X10, vén de confirmar a súa comercialización
en Reino Unido da man de Vodafone a partires de abril, o que poderÃa
indicar que ese mes será o que marque a chegada da nova xeración de móbiles con
Android a España.
O Xperia X10 é un terminal moi prometedor, que pese a que ten unhas dimensións
(11,9 x 6,3 x 1,3 céntimetros) e un peso (135 gramos) moi semellantes ao Nexus
One (co que tamén empata en procesador a 1 GHz), permite collerlle a dianteira
en varios aspectos, como na súa pantalla de maior tamaño (4 polgadas) e a súa
cámara de 8,1 MpÃxeles, que promete unha grande calidade grazas ao seu enfoque
automático, detección de sorriso, estabilizador de imaxe, recoñecemento de ata
5 rostros e gravación de vÃdeo. Inclúe unha memoria interna de 1 Gb que pode
ampliarse mediante tarxetas microSD de ata 16 Gb (incluÃndo de serie unha de 8
Gb), toma de auriculares estándar, a-GPS, Bluetooth, Wi-Fi, HSPA, USB e
compatibilidade con sincronización con ActiveSync.
No tocante ao seu software, pode gozar de todo o catálogo de aplicacións do
Android Market, pero tamén inclúe Timescape, unha ferramenta de Sony Ericsson
que xunta nun único lugar Facebook, Twitter, o correo electrónico, as
fotografÃas e as SMS para que o usuario non teña que andar a abrir distintas
aplicacións para estar ao dÃa, asà coma tamén inclúe Mediascape, unha
ferramenta semellante que en vez de apuntar ás redes sociais dirÃxese aos
contidos multimedia (música, fotos e vÃdeo) tanto na memoria do teléfono coma
en servizos externos coma YouTube.
<script type="text/javascript" src="http://www.sonyericsson.com/demo/product/generic/embed/sevideoembed.js"></script>
<script type="text/javascript">new SEvideoEmbed( "commercial", "xperiax10", 600, 329, false, true ).embed();</script>
Anuncio do Sony Ericsson Xperia X10