Warframe achegará a acción ninja á PS4
xoves, 6 de xuño do 2013
A semana que vén celebrarase en Los Angeles a feira de
videoxogos E3, na que as compañÃas presentarán moitas das súas armas para a
nova xeración de consolas, pero para non asoballar xa van adiantando algúns dos
tÃtulos que veremos alÃ, como Warframe, que será un dos xogos de lanzamento de PlayStation
4 e incluso poderá gozarse do mesmo de balde, segundo veñen de
confirmar dende Digital Extremes.
Warframe é unha curiosa proposta que
introduce unha especie de ninjas nun
contorno espacial no que poder construÃr unha academia de artes marciais coas
amigos para loitar empregando fantásticos poderes.
O xogo terá versión de
demostración no E3 para que o público poida comprobar in situ o seu bo comportamento movéndose a 1.080p, que é unha das
grandes promesas das novas consolas de videoxogos.
Entre as peculiaridades de Warframe
podemos destacar que o xogo fará uso do panel táctil do novo mando DualShock da
PS4 para activar so poderes dos personaxes sobre a marcha e, para estar en
contacto co xogo en todo momento disporá dunha aplicación para iOS e Android
chamada Warframe Nexus que dará conta
de misións e recompensas que poden ser do noso interese a través de alertas
personalizables.
Trailer de Warframe