Western Digital comercializa un disco duro externo deseñado para a Xbox One
xoves, 2 de xullo do 2015
As consolas de nova xeración chegaron ao mercado cunhas
capacidades de disco claramente insuficientes a longo prazo, xa que os seus 500
GB nalgúns casos forza a ter que estar desinstalando xogos para poder gozar de
tÃtulos novos, o que resulta pesado xa que os procesos de instalación son
bastante lentos, de aà que este verán estean a estrearse modelos con 1 TB de
disco, pero para solucionar esa carencia non é preciso cambiar de consola,
senón que tamén pode facerse mediante accesorios externos, e pensando niso
Western Digital pon á venda o seu novo disco duro WD
My Passport X.
Estamos ante un disco duro de 2 TB de capacidade, conectividade USB 3.0, unhas
medidas de 81,5 x 110 x 20,9 milÃmetros e 230 gramos de peso, que destaca por
unha carcasa que imita o deseño da Xbox One, de xeito que casarÃa ben coa consola
de Microsoft, e servirÃa para poder instalar unha media de 50 xogos, o que
deberÃa ser máis que suficiente para calquera usuario durante a vida da súa
consola.
Para empregar o disco duro na Xbox One chega con conectala á consola e seguir
os pasos en pantalla (para dar formato á unidade), de xeito que en poucos
minutos a consola queda lista para poder empregar o disco duro externo para
gardar xogos. De feito, incluso é posible empregar o disco duro para levar os
xogos a casa dos nosos amigos sen ter que padecer o proceso de instalación dos
mesmos (aÃnda que no caso de ser un xogo mercado en disco, será preciso levar
tamén o xogo orixinal para poder verificara a copia). O prezo de venda
recomendado desta unidade de disco é de 139,99 euros.
- O disco duro externo promociónase como unha solución para non ter que estar a desinstalar xogos constantemente na Xbox One debido ao seu disco duro interno de só 500 GB