Western Digital lanza un disco duro externo pensado para a reprodución multimedia

xoves, 11 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os discos duros externos de 2,5 polgadas gozan de grande popularidade por combinar unha capacidade relativamente boa cun tamaño e un peso reducidos, de aí que sexan soportes moi empregados para transportar contidos multimedia, e sabedores de tal, dende Western Digital presentan o seu disco My Passport AV, que cunha capacidade de 320 Gb e conexión USB 2.0, resulta ideal para conectar a consolas de videoxogos, reprodutores de Blu-ray e outros trebellos capaces de reproducir contidos multimedia dende fontes externas.
O seu prezo de venda será de entre 90 e 100 euros, aínda que cómpre destacar que non parece haber ningunha diferenza significativa entre esta unidade e outros discos externos que hai no mercado, agás polo feito de que inclúe un soporte que facilita a súa colocación en vertical.

PUBLICIDADE