WhatsApp incorpora novidades

martes, 14 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Para facer máis divertido o uso de WhatsApp anuncian novidades que está a recibir a aplicación de mensaxería para comezar 2025. Falamos concretamente de efectos de cámara (poden aplicarse 30 fondos, filtros e efectos para transformar as fotografías e vídeos que fagamos), selfie stickers (en Android xa está dispoñible a opción de poder converter en adhesivo un autorretrato tomado coa cámara do móbil), compartir un lote de adhesivos (os stickers poden agora compartirse en paquetes, para facilitar a súa distribución) e axilízanse as reaccións (poderemos facer un dobre toque para reaccionar e logo escoller entre as reaccións máis usadas).