WhatsApp prepara Comunidades e novidades para os grupos

luns, 18 de abril do 2022 Marcus Fernández

Os grupos de WhatsApp poden resultar bastante caóticos, e por iso están a preparar unha nova función chamada Comunidades coa que as persoas poden xuntarse en grupos mantendo unha estrutura de acordo coas necesidades de cada caso. Deste xeito, as persoas poderán recibir as actualizacións enviadas a toda a Comunidade e organizar facilmente grupos de discusión máis pequenos para falar do que é relevante especificamente para ese grupo de persoas.
A función de Comunidades tamén contará con novas e potentes ferramentas para os administradores, como enviar mensaxes de anuncios aos membros de todos os grupos ou asignar a que grupo se lle compartirá a información. Por exemplo, o director dun colexio poderá empregar as Comunidades para compartir as actualizacións máis importantes con todos os pais de familia e crear grupos separados para aulas específicas, actividades extraescolares ou necesidades de voluntariado.

Novidades para os grupos

Tamén están a realizar melloras no funcionamento dos grupos en WhatsApp, como a posibilidade de reaccionar a mensaxes mediante emoticonas (para evitar que as conversas grupais se inunden de mensaxes innecesarias), os administradores dos grupos poderán eliminar as mensaxes que consideren problemáticas, será posible compartir arquivos de até 2 GB para que as persoas poidan colaborar facilmente en proxectos e tamén será posible establecer chamadas de voz con até 32 persoas.

PUBLICIDADE