Windjammers 2 estará no Game Pass

mércores, 17 de novembro do 2021 Marcus Fernández

No verán estreouse en beta aberta o xogo Windjammers 2, secuela dun clásico dos salóns recreativos da que aínda non se coñece a data de lanzamento oficial (pese a que o xogo tería que terse lanzado hai un par de anos), pero o anuncio de que tamén estará dispoñible para Xbox One chega cunha agradable sorpresa: Windjammers 2 estará incluído no Xbox Game Pass para PC e Xbox, coa posibilidade de xogo cruzado entre ordenadores persoais e Xbox.
Este anuncio chega coa confirmación de que os personaxes Jordi Costa e Sammy Ho formarán parte dos 12 personaxes que poderán controlarse nas competicións deste agardado xogo.
Que Windjammers 2 vaia estar dispoñible a través de Game Pass resulta especialmente positivo non só porque o recibirán sen cargo adicional os que estean subscritos ao servizo de Microsoft, senón porque grazas a iso contará cunha base de xogadores inicial moi importante, o que contribuirá ao seu xogo en liña e podería servir para potenciar este xogo como deporte electrónico.

Novo tráiler de Windjammers 2

PUBLICIDADE