Windjammers 2 xa é unha realidade
xoves, 20 de xaneiro do 2022
Houbo que agardar 25 anos para ver a secuela do xogo de discos
para máquinas recreativas Neo Geo, e o moi agradado Windjammers 2 chega hoxe por todo
o alto a PC, PlayStation 4, Nintendo Switch e Xbox One a un prezo de 19,99 euros
(17,99 euros na súa promoción de lanzamento), aÃnda que confÃase en que a
meirande parte dos usuarios cheguen a través do Game Pass, tanto para consolas
Xbox como para PC.
Este novo xogo recupera os elementos clásicos de Windjammers, apostando por
unha divertida competición e renovando o aspecto gráfico para lucir ben en
máquinas modernas, á vez que tamén incorpora novos competidores, novos escenarios,
novas mecánicas xogables e incribles movementos novos que permitirán que apreciemos
este tÃtulo como un produto novo que confÃa en conseguir rodearse dun ambiente
competitivo, que se trasladarÃa dos salóns recreativos dos anos 90 ao actual
xogo en liña.