Withings presenta unha pulseira de actividade disfrazada de reloxo
luns, 5 de xaneiro do 2015
Withings, a compañÃa especializada en produtos de e-health,
aproveita a celebración do CES de Las Vegas para presentar un novo formato de
pulseira de actividade, que adopta a forma dun reloxo de pulso analóxico,
converténdoo nun produto discreto e elegante.
O Activité Pop
chega asà como un reloxo de pulso que estará á venda en varias cores (negra,
branca ou azul) que poden combinarse con correas de moitas máis cores, e que
agocha no seu interior un sensor que serve para monitorizar a nosa actividade
camiñando, correndo, nadando (é resistente á auga) e incluso durmindo (mide os
ciclos do sono). O dispositivo pode conectarse sen fÃos co noso smartphone a
través de Bluetooth 4.0 para poder acceder aos datos que rexistra, integra
vibración para poder espertarnos dun xeito silencioso e a súa baterÃa ten unha
autonomÃa de máis de 8 meses, fuxindo asà das molestas cargas case diarias de
moitos dispositivos semellantes.
Espérase que o produto chegue ao mercado a finais de mes e o seu prezo será de
149,95 euros.
VÃdeo promocional do Withings Activité Pop