Workplace supera os 5 millóns de usuarios de pagamento e estrea Rooms

venres, 22 de maio do 2020 Marcus Fernández

Dende Facebook lanzaron en 2016 Workplace, unha plataforma social para empresas, que vén de superar os 5 millóns de usuarios de pagamento, e aproveitan este anuncio para dar a coñecer novas funcionalidades de vídeo, entre as que destaca Workplace Rooms, unha solución para xuntanzas en vídeo para até 50 persoas á vez, ou sexa, unha versión profesional de Messenger Rooms.
Pero esta non é a única novidade ao redor do vídeo que están a lanzar, xa que tamén estrean Live Producer (que facilita a retransmisión de vídeo dende o ordenador, contando tamén con funcionalidades como compartir pantalla), Live Q&A (sesións de preguntas e respostas en vivo, para mellorar a comunicación cos traballadores), subtítulos en directo (as retransmisións en vídeo poderán gozar dun sistema de transcrición de voz a texto para mellorar a accesibilidade do vídeo, para o que tamén contribúe tecnoloxía de tradución) e integración en Portal (os dispositivos Portal de Facebook teñen agora opcións para participar en directos de Workplace, converténdose nunha interesante ferramenta empresarial).

PUBLICIDADE